Somos unha cooperativa galega de traballo asociado, creada a finais do ano 2005. Nos seus inicios por catro soci@s, e hoxe en dia somos seis. Decidimos embarcarnos neste proxecto motivados pola creación do noso propio posto de traballo (autoemprego), nun contexto asociativo que permita a autoxestión dun proxecto integral: produción de materias primas, manufactura de estas materias e comercialización do produto final.
Estamos no Concello de Castro Caldelas, provincia de Ourense (Ribeira Sacra ou cañóns do Sil), nunha zona ameazada pola despoboación e o abandono do medio rural.
... as cabras...
O rebaño consta hoxe de 245 cabezas de raza Murciana-Granadina. Dada a súa rusticidade ten unha gran capacidade de produción e adaptabilidade tanto en climas cálidos como fríos, as nosas cabras adaptáronse dun xeito magnífico nunha zona como é Ourense, e a sua alta montaña, con temperaturas baixo cero tan habituais no inverno.
A leite de esta raza caracterízase por ter un alto rendemento queixeiro, pero tamén por ter un sabor fino e unhas propiedades nutritivas excelentes, que se manteñen ata chegar ó queixo grazas a elaboración a base de leite cru, por non elevarse a temperatura de esta nunca máis de 38-39º, mantendo todas as vitaminas, microorganismos e minerais.
A alimentación dos nosos animais baséase na mestura de cereal, leguminosas, grao e forraxe a libre discreción (veza/avena, alfalfa y palla de cereais).
as nosas instalacións…
Básicas e sinxelas á vez, podríamos encuadralas no que se denomina unha estabulación libre ou aberta.
As cabras dispoñen dunha nave aberta no se lateral sur, que comunica con amplos patios de recreo, e ,a sua vez, estes comunican coa finca, unha vella carballeira de 4,4 ha, onde as cabras poden sair libremente A parte norte da nave comunica coa sala de ordeño e outros almacéns.
A sala de ordeño é o lugar onde se realiza o ordeño mecánico diario nunhas condiciónss óptimas e hixiénicas tanto para os animais como para a leite, algo importantísimo na elaboración de queixo a partir de leite cru.
El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.